As Ninochas en PANXEA.

Esta semana tivemos o auténtico pracer de visitar  “PANXEA : asociación para o comercio xusto e solidario, nada coma asociación sen ánimo de lucro en Santiago de Compostela no ano 1995.      http://panxea.org/panxeablog/

20140211_180823

COMERCIO XUSTO, CONSUMO RESPONSÁBEL = PANXEA.

O recibimento foi estupendo, coma sempre que se trata de boa xente..

20140211_180431

 

“Damos fé” que o mellor de PANXEA son @s soci@s, por non falar do deseño fermosísimo do local, e da súa actividade: -sensibilización e  participación activa en diversas iniciativas de economía alternativa, social e solidaria, especialmente as relacionadas co Comercio Xusto e o Consumo Responsábel, dende a perspectiva da Soberanía Alimentaria.-
Ademáis do seu funcionamento democrático, aberto e participativo.

20140211_180902

Sita na Rúa da Rosa, 36 -Santiago de Compostela-estades á tempo de achegarvos á fermosa sinxeleza de Panxea e proba-los doces de As Ninochas entre moitos outros produtos ecolóxicos, do comercio xusto, interesantes iniciativas e actividades… e pasar a formar parte da grande familia que aposta polo consumo responsábel.

De corazón, moitas gracias pola vosa acollida, PANXEA.



Los comentarios están cerrados.

YOU MAY LIKE